(en construcción)

18 mar 2017

Esta semana pasada abriuse na clase un novo espacio: A CAIXA DA COMPRENSIÓN (pendente de porlle un nome máis apropiado). Nesta caixiña os nenos e nenas, e a profe deixan escrito se tiveron algún conflicto ou algún problemiña, e cómo se sentiron. Foi moi emocionante este venres cómo falamos dos nosos sentimentos e cómo a actitude dos nosos compañeiros nos afectou. Incluso arreglamos situacións do pasado!!! ao final houbo desculpas, bicos e abrazos.

Tamén nos fixamos cando un compañeiro fai algo que nos fixo sentir ben, o escribimos e o deixamos na súa caixiña do tesouro.

O importante é reflexionar sobre o noso comportamento e cómo iso nos afecta; se eses conflicos non os falamos, moitas veces os máis pequenos da casa quedan con formacións mentais sobre eles que non son verdade e lles causa moito sufrimento.
 
dietas para adelgazar