(en construcción)

9 feb 2017

OS ANIMAIS

 








Cada neno e nena sitúa no mapa os seus animais



Como xa sabedes, estamos a traballar os animais. Cada neno está facendo un libriño dun animal escollido por eles. Estivemos a recoller información nos libros de biblioteca. O outro día algún de nós o limos aos nenos de quinto e eles nos expuxeron o seu traballo sobre peixes, anfibios, aves, réptiles...

Proximamente, nos exporán o seu traballo sobre os invertebrados.

Ademais cada quince días, desde a organización da biblioteca. veñen os nosos padriños e madriñas de 6º a lernos un conto e llo puidemos ler. 



Mañá faremos un mural por equipos sobre os animais, donde teremos que seleccionar os diferentes animais e as súas diferentes características.

Xa estivemos facendo lectura comprensiva de diferentes textos sobre animais domésticos,  a profe Vanesa viu a nosa aula a facer un traballo cooperativo sobre un dos textos con imaxes, traballamos moito e aprendimos moitas cousas.
O rematamos hoxe na aula.

 

O traballo cooperativo ten moitas ventaxas. Os nenos e nenas aprenden a axudarse uns a os outros, a escoitar e a participar, porque todos teñen que dar ideas (moi diferentes a cando se da unha clase tradicional). Aprendemos a explicar aos outros, xa que temos que organizar as nosas ideas no noso cerebro primeiro, e despois explicándoo, facendo aprendizaxes moito máis efectivos e perdurables no tempo.

Pouco a pouco iremos a traballar en equipos e teremos responsabilidades. Hoxe estivemos acabando de facer as nosas mascotas , inventando e escribindo cómo é, onde vive e qué fai. Proximamente...
 
dietas para adelgazar